Recensión: "Europa Express", de Andrea Maceiras



Europa Express | Autora: Andrea Maceiras | Editorial: Xerais
Publicado en 2015 | 216 Páxinas | 12.15€ | ISBN: 978-84-9914-949-3

RECENSIÓN COMPLETAMENTE EN GALEGO | RESEÑA COMPLETAMENTE EN GALLEGO

Sinopsis: Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.

O libro do que vou falar é a última publicación de Andrea Maceiras, Europa Express, co que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil en 2015. Quería lelo desde fai tempo, pero ata finais deste curso non tiven a oportunidade de facelo, pois aprovetei a ocasión de ter que realizar un traballo sobre calquera libro en galego. Ademais, chamoume moito atención o seu argumento desde un primeiro momento, e que, na contraportada estivera descrita como “novela coral de intriga psicolóxica”.

Conta a historia de Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía, que, fai dez anos, decidiron facer una viaxe de Interrail para celebrar o remate de Bacharaleto. Pouco despois de regresar a Galicia dunha viaxe incrible, sucedeulles algo que marcoulles para o resto das súas vidas.
Na actualidade, Nico atopa unha postal que revélalle información que ata o momento sospeitara, pero descoñecía ao fin e ao cabo. Iso levaralle a remexer no pasado para dar co que sucedeu verdadeiramente; así, decide organizar unha festa para reencontrarse cos amigos que estiveron con el no Interrail, co fin de velos, por unha parte, e para conseguir a información que precisa, por outra.

O libro está dividido en tres partes: Sen notificación de recibo, Xiro postal e Franqueo sen destino, tres servizos postais que se relacionan co contido do mesmo de maneira metafórica, posto que ningún deles aparecen nomeados en ningún momento. Así, explícase cada un deles para que o lector poida sacar as súas propias conclusións.

A novela fala da perda dun ser querido e a aceptación da mesma, polo que, ao longo da historia un pode observar cal é o punto de vista de cada un dos personaxes, vendo así como esa perda pode afectar a cadaquén no caso de darse nunha situación real. Paréceme un tema interesante, que, na miña opinión, a autora soubo como tratalo correctamente, pois é bastante delicado ademais.

O anterior agóchase baixo o que parece unha novela de misterio, cunha trama que conseguiu manterme totalmente adicto a ela, terminándoa, de este modo, en menos de catro días. A resolución do conflito non a esperaba de esa maneira, pero tampouco impactoume tanto como esperaba que o fixese; aínda que non podo negar que me sorprendeu. De todos modos, non me importou que non tivera un final tan “épico” como outros libros do xénero, pois foi no desenlace no momento no que me din conta do verdadeiro sentido da historia.

Nas súas últimas páxinas decateime do moito que me gustara, de que o realmente importante é a mensaxe de superación que quería transmitir, de que fascinoume como a autora plasma na historias as distintas maneiras que existen de encarar a morte, de que, se un non se enfronta aos pantasmas do seu pasado, nunca os superará e só conseguirá o efecto contrario, que estes te persigan ata o fin dos tempos.

Como punto negativo, penso que, a pesar de ser unha novela bastante curta, posto que apenas supera as duascentas páxinas, hai escenas que son prescindibles, concretamente, algunhas das destinadas á viaxe. Entendo que trátase dunha parte esencial para comprender o historia, pois nela desenvólvese o personaxe de Xacobe, que na actualidade non está presente, pero, en ocasións, facíase algo pesada.

En conclusión, unha novela entretida e adictiva, que da un bo enfoque ao tema da perda dun ser querido, bastante tratado na literatura.

PUNTUACIÓN: ★★★✩✩ -3'5/5-

“-(...) Todos temos dereito a ter un pasado, tamén Aroa. Pero ese pasado non vai regresar, igual que as cousas que aparecen nas fotografías non son reais. Son parte das vidas que pode ter unha persoa.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podéis dejar comentarios con cualquiera idea para mejorar el blog, sugerencias de nuevas secciones, recomendaciones, opinión... ¡Todo será aceptado! (*)
*A la hora de escribir el comentario moderad vuestro lenguaje.

¡No olvidéis de dejar vuestro COMENTARIO!